CATALOGACIÓN E ESTUDO DAS TRADUCIÓNS DOS FRANCISCANOS ESPAÑOIS E IBEROAMERICANOS
Ministerio de Ciencia e Innovación (Programa Nacional de Proyectos de Investigación Fundamental. VI Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011)
Ref.: FFI2008-00719
O proxecto CATALOGACIÓN E ESTUDO DAS TRADUCIÓNS DOS FRANCISCANOS ESPAÑOIS E IBEROAMERICANOS deu comezo o 01/01/2009 e finalizou o 31/12/2011, alcanzando un grao importante de información científica, e arroxando á súa conclusión os seguintes resultados:
Datos de catalogación:
785 autores franciscanos, 84 autores de referencia non franciscanos, 1507 obras de autores franciscanos e 120 obras doutros autores relacionados cos franciscanos.
O catálogo pode consultarse a través de internet e deste mesmo portal, tendo a súa base de datos en constante evolución e baixo o control do noso grupo de investigación.
Estudo das traducións:
Os traballos realizados tanto polo equipo científico como polo equipo de traballo poden consultarse na maioría dos casos on-line a través deste mesmo portal (algunhas publicacións figuran só en formato papel), e cobren aspectos importantes nos campos da historia e da teoría da tradución.
Elaboráronse e publicáronse estudos sobre a incidencia da tradución franciscana en diversas linguas: latín (Zarandona), árabe (Bueno), bereber (Bueno), francés (Pérez), inglés (Cámara), alemán (Cuéllar), linguas amerindias (García- Medall e Acero), catalán (Boadas, Lozano e Valero), valenciano (Aniorte e Escartí), chinés (Ku), polaco (Orzeszek), checo (Králová) (checo).
Abordáronse temas como a tradución na misión de América (Bastin, Zamora, Ku, Coronado e Miguel Ángel Vega), a misión de África (Zarandona), a misión en Terra Santa (Behiels), a misión no Magreb e Oriente Medio (Bueno), a evangelización en Europa (Orzeszek), a clausura feminina (Cuéllar), a tradución da espiritualidade (Marquant), a tradución literaria (Moreno), a tradución audiovisual (Mallo), a tradución de textos catequéticos (Zamora), os libros de viaxes (Alonso del Val, Terrón, Srisongkran e Ku), o valor educativo da tradución (Revuelta), o labor dos colexios de misións (Bueno), a Inquisición e o control eclesiástico (Pérez, Zamora e Bueno), a tradución antropolóxica (Coronado), o patriotismo na tradución (Bueno), a música (Daniel Vega).
Acceso ao proxecto: http://www.traduccion-franciscanos.uva.es/
Acceso ao catálogo: http://www.traduccion-franciscanos.uva.es/listado_total_autores.php