A tradución monacal no mundo hispánico (TMMH)

Os proxectos de catalogación e estudo das traducións das ordes relixiosas sacan á luz os avances científicos sobre o coñecemento do valor e función da labor da tradución dos relixiosos a través da historia, presentando en cada un deles atención a una orde relixiosa distinta.

Os resultados da investigación deste grupo internacional e interuniversitario, liderado pola Universidade de Valladolid, poñen de manifesto a importancia que para a cultura occidental e tamén oriental supuxo a labor cultural do monacato. Os datos, que poden ser consultados a través deste portal web de libre acceso, reflexan a actividade traductora e lexicográfica das diferentes ordes, destacando no seu catálogo máis de 2.000 autores desde o século XIII aos nosos días con máis de 5.000 obras de referencia, e un centenar de linguas de referencia dos cinco continentes, que en moitos casos non chegarían a coñecerse sen a labor dos misioineros.

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN