CATALOGACIÓN E ESTUDO DAS TRADUCIÓNS DOS DOMINICOS ESPAÑOIS E IBEROAMERICANOS
Ministerio de Economía y Competitividad (Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Generación del Conocimiento. Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016)
Ref.: FFI2014-59140-P
O proxecto CATALOGACIÓN E ESTUDO DAS TRADUCIÓNS DOS DOMINICOS ESPAÑOIS E IBEROAMERICANOS deu comezo o 01/01/2015 e finalizou o 30/06/2018, alcanzando un grao importante de información científica, e arroxando á súa conclusión os seguintes resultados:
Datos de catalogación:
738 autores dominicos, 2.240 obras clasificadas e 75 linguas e dialectos de referencia.
O catálogo pode consultarse a través de internet e deste mesmo portal, estando a súa base de datos en constante evolución e baixo o control do noso grupo de investigación.
Estudo das traducións:
Os traballos realizados tanto polo equipo científico como polo equipo de traballo poden consultarse na maioría dos casos on-line a través deste mesmo portal (algunhas publicacións figuran só en formato papel), e cobren aspectos importantes nos campos da historia e da teoría da tradución.
En canto ás traducións dos dominicos en España ou en Europa, elaboráronse estudos sobre o valor da revelación (De Luís), a Inquisición (Blanco, Boadas e Valero), a tradución “profesional” para os capítulos (Castro), a tradución filosófica (Castro), a achega dos clásicos (Alonso), a autotraducción (Sastre e Marquant), a tradución da mística renana en España e en Países Baixos (Behiels), en Alemaña (Naupert), as figuras de frei Luís de Granada (Polvorosa), Francisco de Vitoria (Delgado), Francisco Ximénez (Vega), Melchor Cano (Marquant), Giordano Bruno e Campanella (Branco), Matteo Bandello (Cristian Cámara), De Las Casas (Králová, Ojeda), Duvoisin (Martino). Estudáronse tamén aos tradutores e traducións do reino de Valencia (Pérez Blázquez), as influencias europeas na reforma da Orde (Sastre), os intercambios relixiosos e culturais con Países Baixos (Behiels) ou Alemaña (Naupert), la Escuela Bíblica de Jerusalén (Reyes).
En canto ao labor educativo, lexicográfico e misioneiro, analízanse temas como o compoñente pedagóxico das traducións (Cuéllar), a educación na Baixa Idade Media e o Renacemento (Revolta), ou nas universidades (Jiménez). No pertencente a América, estúdase a misión educativa nas universidades do Perú (Rodríguez), o contacto cos matsigenka (Serra), o labor dos intérpretes (Martino e Ferreiro), a tradución antropolóxica (Albaladejo), o labor en Chile e Arxentina (Serra), Centroamérica (Pérez Rodríguez e Varela), Nova Granada (Pérez Blázquez e Albaladejo), México (Hurtado, Valero e Cristian Cámara) ou California (Vega). Estúdanse obras como a Cartilla y Doctrina cristiana de Bartolomeu Roldán en lingua chuchona (Resines), a Gramática elemental de la lengua Quiche Achi de Rabinal de Gregorio Ramírez Donoso ou a Gramática y Ars bene dicendi: Arte de construción de frei Pedro Masústegui (Varela), El Camino del cielo en lengua mexicana de frei Martín de León (Cristian Cámara), El arte de la lengua mixteca de Antonio dos Reyes e o Vocabulario en lengua mixteca de Francisco de Alvarado, a Escalera espiritual para llegar al cielo, de San Juan Clímaco (Valero). Polo que respecta a Asia, descríbese o labor de tradución e evangelización na misión dominicana de Asia Oriental nos séculos XVI e XVII (Bueno), a actividade dos dominicos valencianos (Pérez Blázquez), a figura de Manuel Arellano (Enrique Cámara), as misións dominicanas a finais da dinastía Ming en China (Li), a obra de Juan Cobo (Li) ou os sucesos dos reinos de Tonkin (Vietnam) ou Camboya (Srisongkram). Sobre Oriente Medio destaca o traballo sobre Jean-Vincent Scheil (Wirth). Sobre África, o traballo sobre Senegal (Ndiaye).
En canto ao labor de tradución intersemiótica e artística, destacan os traballos sobre o valor da imaxe como forma de predicación (Bueno), a linguaxe visual da arquitectura (Rojas), a Semana Santa en Oaxaca (Diéguez), a escultura (Salas), a comunicación audiovisual nas misións (Mallo), o cinema (Bueno e Cuéllar), o debuxo (García-Luengo), a fotografía (De la Cruz), a tradución intersemiótica sen orixinal textualizado (Lapuerta), o cómic (Salvador), os símbolos e xestos relixiosos (Da Silva), as coplas dos Rosarios da Aurora (Romero) ou a música (Reyes e Ndiaye).
Acceso ao proxecto: http://traduccion-dominicos.uva.es
Acceso ao catálogo: http://traduccion-dominicos.uva.es/autores/listado