CATALOGACIÓN E ESTUDO DAS TRADUCIÓNS DOS AGUSTINOS ESPAÑOIS

Ministerio de Ciencia y Tecnología y FEDER -Fondo Europeo de Desarrollo Regional- (Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológico)
Ref.: BFF2002-01317

O proxecto CATALOGACIÓN E ESTUDO DAS TRADUCIÓNS DOS AGUSTINOS ESPAÑOIS comezou o 01/12/2002 e rematou o 30/11/2005, alcanzando un grao importante de información científica, e tendo como conclusión os seguintes resultados:

Datos de catalogación:

526 autores, 643 traducións, 693 obras escritas en lingua estranxeira, 117 obras gramaticais e diccionarios, e 36 linguas de referencia.

O catálogo pode consultarse a través da internet e deste mesmo portal, tendo a súa base de datos en contínua evolución e baixo o control do noso grupo de investigación.

Estudo das traducións:

Os traballos feitos tanto polo equipo científico como polo equipo de traballo poden consultarse na mayoría dos casos na rede a través do mesmo portal (algunhas publicacións figuran soamente en papel), e cobren aspectos importantes nos campos da historia e da teoría da tradución.

Elaboráronse e publicáronse estudos sobre o influxo da tradución agustiniana en diversas linguas e polos seguintes autores: latín, grego e hebreo (Balliu e García Teijeiro), linguas indíxenas (García-Medall), italiano (Alonso), linguas modernas en xeral (Marquant).

Realizáronse estudos sobre historia da tradución (Balliu e Santoyo), teoría da tradución (Bueno), Biblia (Sánchez Caro), procedementos de control eclesiástico (Rubio), contacto cultural con América (Adrada) e Asia (Anguiano), gramáticas e dicionarios (García- Medall e Gómez), traducións de vidas (Behiels), historia da tradución (Balliu), tradución de obras filosóficas e de espiritualidade (Behiels), orientación didáctica das traducións (Revuelta), traducións de san Agustín (De Luís e Anguiano), tradución de textos científicos (Marquant), tradución de textos literarios (Zarandona e Sáenz), tradución de textos teolóxicos, litúrxicos e catecismos (Zarandona, Lazcano e Resines), tipoloxía textual (Adrada), música (Montes), arte (Sierra), tradución cinematográfica (Mallo), arquivos e bibliotecas (Ibáñez e González).