A tradución monacal no mundo hispánico (TMMH)

PRESENTACIÓN

A TRADUCIÓN MONACAL NO MUNDO HISPÁNICO é un portal científico, financiado polo proxecto de investigación I+D Ref.: FFI2014-59140- P do Ministerio español de Economía e Competitividade, que ofrece información sobre o labor de traducir e lexicográfico levada a cabo polas ordes relixiosas en España e Iberoamérica a través da historia.

O obxectivo principal é o fomento da investigación no campo da historia e teoría da tradución, desde os diferentes tipos e textos relixiosos de tradución: filosóficos, teolóxicos, bíblicos, doutrinais, literarios, científico-técnicos, artísticos, audiovisuais, etc.

Os estudos prestan tamén atención a fenómenos como a autotradución, a tradución feminina, a tradución misioneira, a censura ou o sistema educativo. Desde o punto de vista lingüístico destácase o labor realizado en linguas clásicas, modernas e indíxenas dos cinco continentes.

O portal ofrece tamén un amplo catálogo cunha gran base de datos en constante revisión sobre tradutores e lexicógrafos relixiosos españois e iberoamericanos, ademais dun repertorio de publicacións, leccións en vídeo, reportaxes, ligazóns e novidades sobre o tema.

Os investigadores e colaboradores forman parte da Universidade de Valladolid, Universidade de Alicante, Universidade Rey Juan Carlos, Universidade Complutense de Madrid, Universidade Autónoma de Madrid, Università per Stranieri de Perugia (Italia), Universidade de Lovaina (Bélxica), Haute École Léonard de Vinci (Bélxica), Universidade Carolina de Praga (República Checa), Universidade Ricardo Palma de Lima (Perú) e Università dei Bologna (Italia); ademais de distintas ordes relixiosas como a Orde de San Agustín, Orde de Franciscanos Menores, Orde de Predicadores, Orde dos Carmelitas Descalzos e Compañía de Jesús.

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN